21/04/16

VideoPlayback Abelendo


É difícil pero posible... As veces podes traballar un sen fin de contidos nunha soa actividade!!  Sirva coma exemplo este "Videoplayback" realizado nos exteriores do colexio. Con el traballamos as estrofas, os versos, os sentimentos, a dramatización, a comunicación non verbal, a xesticular, a percepción espacio-temporal... e nos vai a servir de introdución ao mundo da dobraxe. Pero isto non é o importante. O fundamental é que o pasaron xenial e disfrutaron sendo actores!! Todos merecen un Oscar!!!
A canción escoiteina por primeira vez hai tres semanas unha mañá indo para Abelendo. Dende entón, sempre que a escoito acórdome da clase de 4º, por iso a elexín e a todos nos pareceu xenial !!! Ao fin e o cabo, Abelendo, para min, é a clase de cuarto...
Alucinade!!!!


02/04/16

Abrapalabra!!!

Inventamos palabras novas a partir doutras. Un mini diccionario ilustrado e con audio dos propios protagonistas!! Diccionario que van poder disfrutar todo os alumnos do colexio pois o seu próximo destino é a biblioteca!!